sábado, 30 de abril de 2011

"Se debe educar a ambos sexos de forma separada"

Se debe educar a ambos sexos...
Despois de lermos este artículo, temos que dicir que, evidentemente, non estamos dacordo, en absoluto, na segregación de sexos para levar a cabo
unha educación en pleno século XXI  e dentro dunha sociedade democrática, pois para nós sería volver ao pasado, retroceder aos anos corenta onde os homes eran os encargados de desempeñar unhas funcións concretas e as mulleres outras totalmente diferentes. Pero imos a profundizar un pouco nos motivos desta opinión que nos xera.
Cando a neuróloga Anne Moir afirma que solo educando a ambos sexos por separado es posible explotar al máximo las facultades de cada uno”, tamén debería engadir que deste xeito nós podemos asegurar que as diferenzas e a exclusión social dun colectivo por parte do outro esteña asegurada. Deberiámoslle recordar a esta señora que xa durante moitos anos se experimentou con este tipo de educación e que as diferenzas que ela avoga por extinguir están moi presentes na xeración que se educou con ese sistema. Ademais hai que ter en conta que a sociedade avanza, medra e desenvólvese noutros parámetros diferentes a anos atrás.


Estamos de acordo en que “Hay enormes diferencias en la configuración neuroquímica” pero non entre os sexos, senón entre as persoas. Como individuos únicos que somos, non hai dúas persoas idénticas e, polo tanto, tampouco existen dúas persoas con capacidades de asimilación idénticas, nin do mesmo nin de diferente sexo. O verdadeiro problema está en que se meten demasiados alumnos/as nunha aula cun só mestre, en vez de ter pouco alumnado para que poida adicar a cada un deles a atención que precisan. A educación de grupos reducidos resulta máis eficiente posto que presta máis atención á personalidade de cada ún, ós seus ritmos madurativos (que non só son diferentes entre homes e mulleres, senón que dentro dun mesmo sexo tamén se acadan este tipo de metas a un ritmo distinto), á súa capacidade de concentración e de aprendizaxe así como a certas peculiaridades intrínsecas na persoa. Deste xeito poderíase controlar a motivación e a captación de atención (citada na entrevista como motivo fundamental da educación separada) sen precisar tomar unha medida tan radical como a que predica Moir.

Moir afirma tamén que se non se recurre á separación de sexos para educar discriminaríamos negativamente a los hombres”. Nós querémoslle decir á señora Anne Moir que non é certo, pois queda demostrado mediante diversos estudos que os nenos desenvolven a habilidade lingüística máis tarde que as nenas pero que son os mesmos os que desenvolven a habilidade matemática antes que as nenas. Por que non aproveitar estas diferenzas entre as diferentes persoas e non entre os sexos (como ben explicamos no parágrafo anterior) para apreder os uns dos outros conxuntamente nunha aula?

A autora do texto sinala que Si se desea reducir las diferencias entre chicos y chicas, se debe educar a ambos sexos de forma separada y diferente.”. Pois nós cremos que a educación é o elemento principal para formar a personalidade dos nenos e nenas. Cremos indispensable educar en igualdade entre os sexos para pór fin, dunha vez por todas, á absurda xerarquía social entre os mesmos sen privilexiar a uns e subestimar a outros.

Ademais cremos que os elementos básicos que configuran a educación nos países democráticos é a educación mixta e a coeducación que, sen dúbida algunha, é máis que pór xuntos aos nenos e ás nenas, pero que se empeza por esa perspectiva mixta nas aulas.

En resumo, cremos que queda moi clara a nosa postura. Cremos nunha educación mixta e, polo tanto, igualitaria tanto nos centros públicos, coma nos concertados ou privados. É un dos elementos clave que integran o Estado social e democrático de dereito e para nada cremos que, como di a entrevistada, teñamos que educar aos sexos por separado para reducir as diferenzas, que ademais ata a mesma frase se contradí. Nunca deberiamos esquecer que somos educadores e que o noso obxectivo é crear persoas capaces de vivir en sociedade, os méritos académicos, a estas idades, son irrelevantes.


De Castro Pardo, Cristina
Fouz López, Nerea
            Corveiras Otero, Pablo

9 comentarios:

  1. Existen grupos sociales influyentes - especialmente en España e Iberoamérica - que consideran fundamental la separación de niños y niñas durante la educación primaria y secundaria. Dado que no conozco la filiación filosófica de la autora, no puedo atribuirle intencionalidad a su análisis, sino, simplemente comentar que los grupos que menciono más arriba encontrarán en ese trabajo un respaldo científico para sus convicciones filosófico-religiosas. En este sentido, no debemos olvidar que al final de todas las discusiones acerca de cómo educar a nuestros niños y niñas, la última palabra la tiene la familia. Si en su seno encontramos una fuente de reproducción acrítica, eso excede el ámbito de la educación y se traslada al de la sociología, más amplio, en mi opinión. Entonces la pregunta que propongo es si el docente debe adaptarse a los planteos de la familia o si cada familia debe buscar al docente que coincida con su visión antropológica; y entre ambos extremos, cuál es el mundo real, pues creo que la solución extrema sería entre aislacionista y discriminatoria, dependiendo del poder del grupo involucrado.
    En el siguiente blog hay una discusión sobre el tema. Recomiendo leer el artículo y los comentarios de los lectores, que entre todos forman una unidad equilibrada y dan una perspectiva del impacto social del tema. Hay que copiar la dirección y pegarla en la ventana del explorador: http://albertoblazquezsanchez.blogspot.com/2009/04/colegios-del-opus-dei-adoctrinamiento-o.html

    ResponderEliminar
  2. Respecto a este texto, tengo que decir que estoy totalmente de acuerdo con mis compañeras.
    La educación de hoy en día no se trata de volver a un pasado, sino que tenemos que darnos cuenta de que estamos en una democracia, y la educación no funciona así. Tanto un niño como una niña precisan la misma educación, ya que conviven en la misma sociedad, y no por ser de diferente sexo vamos a cambiarla. Además, hoy en día desempeña por un igual una tarea un hombre que una mujer; es decir no existe un estereotipo marcado que nos diga que tareas debe desempeñar exclusivamente un hombre y cuáles una mujer.
    Asimismo, como ellas bien dicen, creo que la única diferencia que existe entre dos individuos es "neuroquímica", ya que no existen dos personas iguales. Todos tenemos nuestros "pros" y nuestros "contras", por lo que no todos somos iguales, pero no por ello vamos a precisar una educación diferente.
    Como todos somos diferentes unos adquiriremos unos conceptos antes y otros después, pero la educación por parte de la escuela, (ya que en la educación de un individuo, además de la escuela interviene la familia y la sociedad) será la misma.

    ResponderEliminar
  3. Respecto a este texto, tengo que decir que estoy totalmente de acuerdo con mis compañeras.

    La educación de hoy en día no se trata de volver a un pasado, sino que tenemos que darnos cuenta de que estamos ante una democracia, y debemos, por lo tanto, mejorar y cambiar manera de educar. Tanto un niño como una niña precisan de la misma educación, ya que conviven en la misma sociedad. Además, hoy en día desempeña igual una tarea un hombre que una mujer; es decir, no existe un estereotipo de aquellas tareas que están diseñadas exclusivamente para hombres o para mujeres.

    También, como ellas bien dicen, creo que la única diferencia que existe entre dos individuos es "neuroquímica", ya que no existen dos personas iguales. Todos tenemos nuestros "pros" y nuestros "contras"; pero todos somos diferentes. Aún así todos precisamos de la misma educación, por muy diferentes que seamos; unos adquirirán unos conceptos antes y a otros les costará más y por lo tanto los adquirirán más tarde, pero la educación, por parte de la escuela (ya que en ella también influye la familia y la sociedad en general) será la misma para todos.

    ResponderEliminar
  4. En efecto, eu tamén comparto as ideas que expoñen os autores no texto e son da opinión de que na sociedade democrática e libre na que vivimos, tentar voltar á educación separada, aínda que sexa basándose en razóns de tipo científico, é pouco menos ca un crime.
    Sobre todo porque é unha visión moi retrógada que tan só contribuiría a fomentar diferencias e tabúes sexistas presentes áinda hoxe na nosa sociedade e que é preciso erradicar dunha vez por todas.
    Por iso, se de verdade queremos unha educación futura máis moderna, integradora e eficaz, no canto de volver á absurda separación dos homes das mulleres, dos nenos das nenas, como ben din os autores, o que se debe facer é baixar o número de alumnos por aula para facilitarlle a labor ó profesorado e que deste xeito poidan ensinar e educar da mellor maneira posible e en igualdade de condicións tanto a nenos coma nenas, todos por igual e na mesma aula, sen volver á absurda segregación por sexos existente durante a época da ditadura.
    Eu opino persoalmente, que hoxe en día esa etapa quedou superada e que a sociedade actual debería estar por riba dese tipo de cuestións absurdas e retrógadas e fixarse en cousas verdadeiramente importantes como son a calidade da ensinaza actual ou a situación de moitos colexios hoxe en día, con demasiados alumnos por aula e poucos docentes,co perxuízo que iso supón para os alumnos, que acaban saíndo peor preparados das escolas do que saíron outras xeracións.

    ResponderEliminar
  5. Estou totalmente de acordo cos meus compañeiros, xa que considero que unha educación que segrega por sexos é discriminatoria en si. É verdade que homes e mulleres somos distintos, tanto biolóxica como persoalmente pero senón fose así, seríamos ovellas, todos iguais é iso non sería unha sociedade.

    Considero que nenos e nenas débense educar conxuntamente, xa que xuntos aprenden máis cousas que por separado. É certo que os nenos desenvolven a capacidade matemática antes, e as nenas a lingüística, pero se fixésemos unha educación innovadora e conxunta poderíanse eles mesmos axudar nas materias que tivesen máis problemas, sempre coa supervisión dos mestres.

    Na miña opinión, considero que separados aprenden menos que conxuntamente. Pode que se distraían máis, ou incluso non, porque non só as mulleres distraen os homes, pode ser ao revés ou incluso nin iso, senón as persoas do mesmo sexo tamén o fan. Con estas afirmacións creo que a señora Moir demostra certo machismo, que quere fomentar nos máis pequenos e que eles mesmos non senten, xa que no patio da escola todos xogan con todos.

    Para concluír quero destacar que eu fun educada nunha aula mixta, nun colexio público, é considero que non foi mala a educación que recibín, pode que non fora a mellor pero tampouco me queixo. Estudei con compañeiros e compañeiras e con cada un ao longo da miña vida aprendín cousas que os libros non ensinaban. Eu non quero que os meus fillos estuden nunha sociedade discriminatoria, senón que a coeducación e os valores sexa unha columna importante para a súa vida futura, incluso máis que os conceptos en si.

    ResponderEliminar
  6. Penso que todas e todos pensamos máis ou menos por non dicir do mesmo xeito, para min é unha parvada educar aos nenos separado das nenas ou viceversa.

    Certo todos somos diferentes, ninguén e igual a ninguén, polo que non haberá ningún neno igual a ningún neno e ningunha nena igual a ningunha nena, polo que deberían por esa regra de tres, crear unha escola para cada individuo tanto neno como nena, e iso é inviable e unha estupidez.

    Cando di Laura que tanto nenos coma nenas débense educar conxuntamente pola razón de que aprenden máis cousas por separado, estou totalmente de acordo con ela, grazas a nosa variedade, a que cada un e diferente ao do lado e o do lado e diferente o que ten o seu carón, fai que aprendamos miles de cousas das persoas que nos rodean, ás veces malas non digo que non, pero a maioría boas e non veñen en libros de texto, nin en cd’s educativos, veñen do que significa: convivir maiores e pequenos, nenas e nenos, baixos e altos, negros e brancos, gordos e fracos nunha mesma escola e nunha mesma sociedade. Como din por aí, “a variedade está no gusto”.

    Todos debemos recibila mesma ensinanza, sen importar ser home ou muller, nena ou neno.

    Eu tamén estudei nun centro público e mixto, sinceramente non cambiaría nada, aprendín cousas para á vida dos meus compañeiros e compañeiras, dos meus mestres e das miñas mestras e con eles tamén.

    ResponderEliminar
  7. "Si se desea reducir las diferencias entre chicos y chicas, se debe educar a ambos sexos de forma separada y diferente. Si no, discriminaríamos negativamente a los hombres." Creo que esta es la frase que más me llama la atención de todo lo que dice en su entrevista la neuróloga Anne Moir, y no entiendo como puede hacer este tipo de afirmaciones. A mi me aparece que educando a ambos sexos por separado lo único que conseguiríamos es volver a esa época en la que cada sexo tenía sus funciones y donde la mujer quedaba simplemente en un segundo plano. Durante todos estos años montones de mujeres han luchado para tener las mimas oportunidades y posibilidades que un hombre y ahora resulta que..¿hay que retroceder?
    Es cierto, como bien dice, que hay muchas diferencias entre hombres y mujeres, y que las mujeres consiguen antes unas ciertas habilidades, pero también es cierto que los hombres llegan antes a otras...y lo que debemos hacer es precisamente aprovechar estas diferencias. Si todos fuéramos iguales seríamos como máquinas, pero somos personas que evolucionamos y conseguimos nuestros objetivos cada cual a su ritmo y no tiene nada de malo. Además, seguramente esto nos enriquezca más de lo que nos perjudica porque de todo se puede aprender.

    ResponderEliminar
  8. Volvemos al debate de separación de sexos.
    Como ya defendí en el otro artículo que trataba este tema estoy en desacuerdo con la afirmación "Se debe educar a ambos sexos de forma separada" (el título de la entrada).

    Claro que hay algunos que desarrollan antes o despues de sus capacidades para dar lugar a unas competencias, pero yo no creo que eso vaya en función del sexo. Todos somos diferentes independientemente del sexo al que pertenezcamos, que sería si no de la sociedad si todos fuesemos iguales? No habría diversidad ni opiniones diferentes.

    Justamente esa pregunta en el período que estuve de prácticas, se la realizó mi tutora a sus alumnos, en principio todos dijeron que lo más fácil sería que todos fuesemos iguales, porque sería la vida más fácil...etc, sin embargo al cabo de cinco minutos debatiendo empezaron a cambiar todos de opinión; decían que era mejor diferentes, porque así aprendiamos otras culturas, idiomas... e incluso me tuvo gracia una niña que dijo “Si, es mejor ser diferentes, porque por ejemplo, si un compañero no sabe hacer una cuenta, otro que si que sabe, le puede ayudar, de la otra manera, no”.
    Con lo cuál, hasta de pequeños prefieren la diversidad en las clases.

    Y para terminar, finalizaré con la misma pregunta que cerré el comentario del otro artículo que trataba el mismo tema principal;
    ¿Por qué no puestos a separar realizamos un test a cada niño para separarlo pos su Coeficiente Intelectual?

    ResponderEliminar
  9. Coincido con muchas de las opiniones que vertimos aquí, y puestos a seguir por esta via cientifista, ¿qué hay de la educación por edades?

    La mayor parte de nosotrxs hemos visto esas fabulosas conferencias de Ken Robinson donde incide en el hecho de que educar por edades no tiene ninguna base real.

    Es más, en la universidad por fin pasa -de manera generalizada, en bachiller y ESO quizá no tanto- que coincides con gente de otras edades (mayores o pequeñxs, da igual) que te descubren cosas. Nuevos mundos, otros horizontes. En cultura, en actitudes, en modos de vida...muchas de esas cosas no se aprenden con las TICs...

    Por cierto, está claro que hombres y mujeres (y transexuales, y hermafroditas) son diferentes biológicamente, pero...personalmente, ¿somos diferentes o nos hacen diferentes?

    ResponderEliminar

Esperamos un comentario crítico

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.