martes, 1 de marzo de 2011

PRIMEIRO DÍA DE CLASE!

    Hoxe día 28 de febreiro de 2011 comezamos as clases de Innovación Educativa na EUFP de Lugo (USC). Estivemos a falar sobre o que é a innovación, podendo ver que non hai unha definición clara e establecida, senón que cada autor ten a súa propia. Iso si, unha cousa é segura, a innovación educativa é facer algo diferente, é dicir, trocar algo no proceso de ensinanza-aprendizaxe para cando menos obter unha mellora.

    Na clase fixemos catro grupos, nos que debatemos sobre dúas cuestións: que actitudes podemos relacionar coa innovación educativa?  De parte de quen?

    As respostas de cada un dos grupos están expostas na seguinte táboa. Algúns aspectos desta (quinta columna) serán explicados a continuación.



ACTITUDES
-Novidade
-Motivación
-Preocupación
-Curiosidade
-Predisposición
-Empatía
-Non ter medo a experimentar con nenos
-Metodoloxías de ensinanza
-Aceptación -Respecto
-Coherencia
-Cooperación

-Iniciativa Vontade
-Responsabilidade(social)
-Respecto
-Sentido crítico
-Coherencia





PROCESOS DE INVESTIGACIÓN
-Escola
-Tempo libre
-Entorno
-Investigar
-Experimentar
-Comparación de resultados
-Busca de información
-Consulta de bibliografía
-Compartir información e experiencias
-Entrevistar
-Reciclaxe/ Formación continua
-Busca de novos métodos e informacións
-Adaptación a novos recursos
-Adaptación do proceso ensinanza-aprendizaxe segundo a sociedade cambia

DE QUEN?
-Mestres
-Monitores
-Familia
-Os distintos niveis de concreción curricular
-Mestres
-Alumnos
-Familia

- Mestres e administración principalmente
- Comunidade educativa en xeral


    A explicación da quinta columna é a seguinte:
        
        ACTITUDES:  iniciativa e vontade de cambio; responsabilidade social e coa propia labor docente; respecto polos nenos, pola sociedade, pola profesión de mestre e por un mesmo; sentido crítico, é dicir, ter a capacidade de razoar e facer unha crítica constructiva da labor levada a cabo polo mestre e os resultados obtidos, así como facer unha crítica do propio sistema educativo e dos cambios normais da sociedade e do entorno; e coherencia, é dicir, no caso de modificar, ou facer algo orixinal, terá que gardar coherencia co que queremos obter e, por suposto, terá que ser un cambio nalgunha cuestiñin na que tras avaliar a nosa labor docente, o mestre vexa algunha carencia ou erro. 

        PROCESOS: formación continua, un mestre non poderá ser innovador nin orixinal se non se segue formando despois de obter o título de maxisterio, mentres sexa novo pode que si, pero despois de trinta anos seguirá tendo os mesmos coñecementos; busca de novos métodos e informacións; adaptación aos novos recursos, por exemplo: as novas tecnoloxías da información e da comunicación (na actualidade son moitos os docentes, xa maiores na súa maioría, que son aleccionados polos seus propios alumnos neste tema, e non ao revés que é como debería ser); e adaptación do proceso de ensinanza-aprendizaxe na escola segundo as variacións da sociedade (cambios sociais), porque a escola pretende preparar aos nenos para que se relacionen e interactúen en su entorno. Se este cambia, a escola debe cambiar.

        DE QUEN: principalmente dos mestres e da administración, por exemplo obrigar ou recompensar a formación continua cada certo tempo; malia isto, cremos que en xeral debe ser toda a comunidade escolar a que axude no proceso de innovación educativa: administración, claustro, familias...incluso tendo en conta as opinións, suxerencias e preferencias dos propios alumnos (non temos porque traballar só con unidades didácticas ou co libro de texto de toda a vida.... podemos facer que os nenos traballen con proxectos e centros de interese, os cales poden elixir eles mesmos).

MAROÑO RODRÍGUEZ, PABLO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Esperamos un comentario crítico

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.