miércoles, 9 de marzo de 2011

Un de tantos.

Un medo, unha preocupación. Un problema que pensemos que podemos atopar na aula. Ese foi o exercicio de debate que Alberto propuxo para a última clase. E o primeiro que pensamos foi: ¿só un? Viñéronsenos centos á cabeza. Centos de problemas, de medos, de realidades.

Porén, escollemos un. Talvez non o máis importante, pero sí o que nese momento se descubriu como esencial para nós, nun primeiro impulso. A nosa preocupación a debatir, e compartir, que considerasemos propia da nosa especialidade (ainda que non exclusiva, desde logo) foi a diversidade.

A menor idade, maior diversidade nun aula. Isto é debido a que os cambios nas primeiras idades son máis e se prodúcen máis rapidamente. ¿Realmente a diversidade é un problema? Sí, sabémolo. A diversidade é unha gran ventaxa no senso de que nos permite traballar máis cousas, empregar máis recursos ou incluso aproveitar certas cualidades ou defectos dalgún alumnos respecto a outros. Porén, referímonos á complicada labor de atender ás necesidades específicas de cada neno.

¿Cómo solucionar esta situación? Non é doado. Pero un bo método sería levar a cabo unha observación detallada do neno, do seu entorno, do seu comportamento, etc. E intentar satisfacer as súas necesidades mediante actitudes que reflexen as súas carencias, para poder buscar solucións. Así como dun maior dinamismo na aula e a motivación de querer facer, de disfrutar facendo.



Davinia Cal Álvarez
Soraya Mariño Campos
Educación Infantil

1 comentario:

  1. Si, coincido en vuestro análisis, pero viendo como está el percal, está dificil la cosa.

    Ya sabeis que, sobre todo en Galicia, existe un proceso de éxodo total. No solo de los pueblos a la ciudad, sino que de "Jalisia ao extranxeiro" también. Así que nos encontramos dos caras, una en la ciudad de una ratio de alumnxs por aula bien grande y otra ratio más pequeña en el rural.

    Esa observación detallada de la que hablais la veo imprescindible para educar -sea como sea, ya sea en una escuela o de cualquier otra manera-, pero esta atención a la diversidad por lo general se ve menoscabada y deslucida por una ratio de alumnxs alta, por las prisas por acabar la jornada pronto, por la burocracia...ahí es donde tenemos que atacar, y hacerlo de una manera clara que cristalice en proyectos serios, alargados en el tiempo y que se conviertan en ejemplo de lo que pudiera ser pero no es.

    ResponderEliminar

Esperamos un comentario crítico

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.