jueves, 12 de mayo de 2011

A lei de convivencia e a autoridade do mestre

A lei de convivencia e a autoridade do mestre

Estela Iglesias Carreira - Marta Martínez Durán
Escóllimos este texto porque ten que ver coa educación nos centros escolares de España, aínda que este texto fala concretamente de Galicia...
e de Portugal. Tratase de dous “países” que proveñen dunha mesma nai e teñen moitas cousas en común. Ó ler este artigo houbo unas cantas cousas que nos fixeron reflexionar, e é que hoxe en día moitos mestres perderon a súa autoridade por completo, xa que moitos rapaces fan o que queren debido a que os seus país non pasan moito tempo na casa. Isto ten como consecuencia que o neno faga o que quere en todo momento e non sabe onde está a autoridade nin cando ten que parar e comportarse ben.

Algo que poderíamos facer nos como futuros mestres é intentar que eses rapaces e rapazas comprendan que non poden facer o que queren en cada momento. Pero isto non é tan sinxelo, xa que para elo precisamos a axuda das familias ou dos seus titores legais. Os rapaces teñen que entender que os mestres fan isto polo seu ben, e tan so queren axudalos. Por iso moitas veces se castiga ós alumnos, pero o castigo mais inxusto para eles é deixalos sen facer o mesmo que os seus compañeiros na aula.

Hoxe en día, a figura do mestre non está recoñecida polos alumnos nin pola sociedade da mesma maneira que estaba fai unas décadas.

Sen embargo, tempo atrás, a autoridade que significaba o mestre na aula facía que os alumnos estiveran convencidos do respecto que por enriba de todo lle debían. Este respecto víase fortalecido polas familias dos alumnos, no sentido de que os país inculcaban os seus fillos a idea de obediencia ó mestre, hasta o punto de que depositaban nel toda a súa confianza para que executara os castigos que a xuízo dos país, os fillos merecían.

Fai uns anos, o mestre impoñía a disciplina na aula dun xeito diferente á actual. De todas maneiras, o mestre ten que adoptar actitudes diferentes e evolucionar na súa función didáctica; actitudes tales coma o momento actual que se está vivindo.

Na actualidade os nenos parece que ven ó mestre coma unha persoa que lles manda tarefas para á casa para que ocupen o seu tempo libre cando non están na escola, e non coma unha persoa que ten coma obxectivo que os seus alumnos adquiran uns coñecementos que lles sirvan de proveito para o día de mañá.

Nembargantes, antigamente víase o mestre coma un representante da cultura e do saber, o que lle daba unha certa autoridade; en cambio hoxe en día, considerase ó mestre coma figura do saber, aínda así esquecéronse unas normas de conduta que nos levan a pérdida da autoridade do mestre.

Actualmente, establecese a chamada lei de convivencia que trata de poñer freo a esta situación, así coma a  protexer a tódolos membros da comunidade educativa para que non sexan vítimas da violencia escolar.

8 comentarios:

  1. Antes que nada me excuso porque voy a escribir en castellano. Coma sabedes o meu galego é fatal.
    No recuerdo ninguna norma legal que respaldase a los docentes; sin embargo, en otros tiempos le reconocíamos a nuestros maestros la autoridad de un pontífice.
    Existe una tradición en la carrera y generalmente entre los formadores de futuros maestros hay antiguos maestros. De esto sugiero que los maestros no son necesariamente diferentes. ¿Entonces qué cambió?
    Tal vez ha cambiado la percepción de las familias acerca de la educación. De la educación formal, quiero decir.
    Antes educarse era la manera de promoverse personalmente, de "mover la escalera", como dicen los sajones, o académicamente hablando, de facilitar la movilidad vertical. Quizás estos días eso sea más difícil que entonces, como sugieren los índices de desempleo de los más jóvenes. Áun así, es evidente que en general tendrá más oportunidades quien tenga más educación. Hasta si no consigue un empleo en el área económica para la que se preparó.
    Justamente, conseguir trabajo significa estar en relación de dependencia: alguien te dice lo que tienes que hacer. Por lo tanto, aprender a convivir con esa realidad es una de las ventajas de la escuela. Porque el que te manda, el maestro, lo hace para tu beneficio - como dicen las autoras -, o al menos esa es su intención; y bien se sabe que no todos los que mandan lo hacen para favorecer al mandado.
    Así que me pregunto si las familias esperan "protejer" a sus hijos e hijas de por vida y por eso reniegan o al menos no estimulan el reconocimiento de la autoridad del maestro, al punto que sea necesario legislar para ello. Quizás habría que establecer escuelas de paternidad obligatoria para que los niños que vengan al mundo sean educados por sus familias y se desarrollen como personas y no como potenciales déspotas.

    ResponderEliminar
  2. Eu estou plenamente de caordo coa idea de que na actualidade os docentes están a padecer os efectos da perda de autoridade fronte ós alumnos.
    E esa perda de autoridade está producida por diversos motivos.
    En primeiro lugar,e como ben apuntades, porque cambiou a percepción social do maestro.
    Non se lle tén o mesmo respeto nin se ve da mesma maneira a un docente hoxe que hai 20 anos, por exemplo.
    Se antano o que dicía o mestre ía á misa, hoxe, cando menos ponse en dúbida.
    E en segundo lugar, opino que esa falta de autoridade cara ós docentes tamén está propiciada desde o fogar.
    Hoxe en día, a maioría dos pais, as máis das veces por culpa das excesivas xornadas laborais, educan ós seus fillos dun xeito demasiado blando consentíndolles todo para que non haxa problemas.
    Deste xeito, os rapaces chegan ás escolas sen saber onde están os límites, e cada vez que un mestre ou mestra tenta poñerllos dalgunha maneira, entón é cando aparecen os conflitos e as situacións violentas.
    E o máis preocupante da situación é que, por riba, os pais moitas veces póñense da parte dos fillos, desautorizando aínda máis,se cabe, a figura do docente.
    Por iso eu tamén son da opinión de que se lle debe poñer freo de inmediato a tan lamentable situación.
    A lei da convivencia paréceme un bo comezo e unha boa base da que partir de cara a un futuro sen violencia nas aulas, mais non é suficiente, fai falla algo máis se de verdade queremos erradicar definitivamente a violencia na educación.

    ResponderEliminar
  3. Actualmente, os mestres/as non teñen nin pouca nin moita autoridade.
    Antigamente, o mestre era visto como unha figura superior, unha figura que había que respectar por riba de todo. Agora, a situación está a mudar e case todos os días se ve un novo caso de violencia escolar. Agora, os mestres/as non se deixan respectar, o alumnado quítalle toda a autoridade, pensando que eles son máis importantes cao propio mestre/a.
    Na meirande parte dos casos, esta situación ven dada da casa. A familia e a escola deberían ir agarradas das mans continuamente, pasearse xuntas como o fan, por exemplo, as mamás canguros cas súas crías. Pero, desgraciadamente, non é así.

    Os/as alumnos/as fan o que queren, non respectan a palabra do profesor e este queda totalmente desautorizado.

    Con todo isto non quero dicir que a culpa sexa das familias nin da educación, simplemente digo que aquí algo falla. Nin tampouco digo que teñamos que volver á escola de tempos de Franco, simplemente digo que algo hai que cambiar.

    Un pequeno cambio pode ser moi grande. Só temos que atopar a solución, e para iso, cómpre que familia e escola estean máis unidas que nunca.

    ResponderEliminar
  4. Na miña opinión, considero que as cousas cambiaron tamén porque tiñan que cambiar. Non digo que se lles debera perder todo o respecto os mestres por parte do alumnado e incluso dos pais, senón que a "letra con sangre, entra" tampouco era.

    Non debe ser nin tanto nin tan pouco, debemos ensinar en cooperación cas familias a parte de conceptos, valores e normas que lles sirva na súa futura vida como membros da sociedade, sen esquecernos nunca de que son nenos. Quizás, non só haxa que ensinar os nenos, senón tamén os pais e a nós mesmos, porque se as cousas a día de hoxe non funcionan terán un motivo e ahí é donde debemos actuar.

    Creo que neste plano da educación, entramos todos eses mestres de xeracións máis novas porque nos estamos vendo os problemas da sociedade actual en canto a educación se refire é temos que buscar solucións, quixa sexa a hora de innovar. Non debemos facelo de unha maneira brusca e radicalmente senón con pequenos pasos, pouco a pouco, cambiando os nenos e tamén os pais. Porque algo queda claro, non só o mestre educa os nenos, os pais teñen un gran papel que deben asumir, e non deixar todo nas maos dos docentes.

    ResponderEliminar
  5. Sinceramente a miña opinión vai moi ligada a que dou Laura, penso que debe quedar atrás iso de a “ letra con sangre entra”, e neste anaco parece, igual interpretei eu mal, como que estades a favor un pouco do “papel autoritario do mestre”:


    “Sen embargo, tempo atrás, a autoridade que significaba o mestre na aula facía que os alumnos estiveran convencidos do respecto que por enriba de todo lle debían. Este respecto víase fortalecido polas familias dos alumnos, no sentido de que os país inculcaban os seus fillos a idea de obediencia ó mestre, hasta o punto de que depositaban nel toda a súa confianza para que executara os castigos que a xuízo dos país, os fillos merecían.”


    É certo que cada vez se lles está respectando menos ás mestras e os mestres pero todo ven da educación que recibira cada neno, o que lles ensinen na casa, se seus país pasan tempo con eles e reflexionan con eles decíndolles o que esta ben ou o que está mal e non solo diso tampocuco, non recae tampouco toda a carga da culpa enriba das familias se non tamén e bo que nos fagamos a seguinte pregunta, ¿Que tipo de mestre ou mestra teñen moitos nenos e nenas?

    Na educación de hoxe en día e espero que no vindeiro tempo tamén, xoga un papel fundamental a organización familia-escola, entre todos divulgar e ensinar unha serie de valores, conceptos, incluso algunha que outra norma para axudar a estes pequenos seres que se integren a esta sociedade, á nova escola.

    Paseniñamente para min é o adverbio que lle acae a perfección,paseniñamente é como penso que a escola, os mestres, os futuros mestres, as familias temos que ir, conquistando pequena metas, pequenos logros son os que nos motivarán para alcanzar un gran logro, ao final de todo.

    ResponderEliminar
  6. No creo que los niños de hoy en día no tengan ni menos ni más respecto hacia los maestros. Lo que cambió es la forma de expresar las insatisfacciones que tienen. Antes critacaron a sus maestros a sus espaldas o represaron directamente todo tipo de discrepancia. Con la libertad de la expresión esto ya no es posible. Ahora las confrontaciones son mucho más directas. Pienso que no es el camino oportuno decir que en el pasado todo era mejor, porque sabemos que no es verdad, pero es muy cómodo decir eso sin buscar nuevas soluciones. Con castigos como pegar a los alumnos con un palo ninguno se sentiría mejor.
    En mí opinión, detrás de cada niño renitente se esconde algún problema. Y solamente se puede cambiar su comportamiento solucionando este problema. Entonces hay que buscar un camino en cada caso individual. Pero eso está asociado con más trabajo por lo que muchos maestros prefieren no hacer nada más que quejarse. Por eso tampoco creo que una ley cambiaría algo. Creo que algo escrito en un papel no llega a mejorar la situación, son las actuaciones de los maestros, alumnos, padres, etcétera que pueden iniciar una mejora.
    Además creo que “autoridad” hoy en día no es la palabra adecuada, porque no creo que los maestros sean algo superior a los alumnos, ¿porqué entonces necesitan una autoridad? Lo que hace falta es respeto hacia otras personas. Si todos se respetaran ya no haría falta ningún tipo de autoridad.

    Carmen Isabel González Gilgen

    ResponderEliminar
  7. Mirade, estou dacordo coa idea que teñen Laura e Davinia. Pero gustaríame aumentar toda esta idea do cambio da concepción do mestre. Cales son os motivos de que agora o mestre non estea considerado como unha figura importante dentro da nosa sociedade? porque aquí os mestres somo cando menos uns incompetentes? porque nos paises escandinavos son considerados persoas importantísimas e de moita importancia social?
    Pode que isto se deba a que en España pasamos dunha ditadura a unha democracia, pode que pasaramos dunha sociedade católica e coartada de liberdades a unha sociedade onde cada un pode pensar o que queira e con dereitos, pode que antes só traballara o pai e a nai estivera sempre na casa coidando aos nenos e agora poda traballar tamén se lle peta. Pode na miña opinión, que todos estes cambios e moitos outros teñan moito que ver. porque? pois eu penso que cambiamos moito e moi rápido. Antes os mestres eran os que o sabían todo, malia que se equivocaran quen llelo ía a discutir? se a xente aínda sabía menos... pero hoxe parece que todos sabemos moito porque lemos un libro ou poruqe nos metemos na Wikipedia e xa podemos rebatir os argumentos do mestre. O coñecemento está aí, ao alcance de case todos, e polo tanto parece que ese papel do mestre como contenedor dos coñecementos xa non é válido. O mestre xa non pode pretender ser iso, e moito menos ainda deixar de selo para delegar no libro de texto... ademais agora tanto o pai como a nai traballan, concialiando pobremente a súa vida familia e laboral, dedicándolle moito menos tempo aos fillos, á educación dos fillos. Agora o mestre envíalle aos pais unha notiña na que di que quere falar con eles polo mal comportamento do seu fillos, pero iso si, ten que ser os mércores de 16 a 18 horas, que ñe o que está estipulado por lei....veña home...e logo quéixanse porque os teñen por uns imbéciles? non me extraña. Hai pais e nais que non poden facerse cargo dso fillos e teén que botar man dos avós e avoas para que pasen boa parte do tempo con eles porque simplemente os seus traballos non llelo permiten.
    hai pais e nais que a duras penas son capaces de acudir a unha triste reunión cos mestres, e estes a súa vez pasan máis dos pais, por que como non se preocupan dos nenos..? será que non teñen tempo?
    o que quero dicir é que a sociedade cambiou tanto e tan rápido que non nos damos conta dos pqeuenos detalles do día a día das familias. Os ritmos da vida son moi rápidos e estresantes, agora hai que estar pendientes das hipotecas, dos coches, dos seguros, de que non te boten do traballos porque tes un contrato temporal e a empresa vai mal... son tantas cousas, que a maioría das familias nin sequera son conscientes do que é a comunidade escolar ou educativa. Non forman parte activa dela. E moitos mestres que simplemente son "mercenarios" da educación, mestres que acuden ao centro pola mañá e larganse polo mediodía, sen preocuparse de máis nada.
    creo que todos deberíamos de cambiar individualmente para mellorar esta situación, e se cadra así non sería preciso darlle aos mestres "autoridade", pois esta non se da, conséguese, gáñase son esfrzo e traballo.

    ResponderEliminar
  8. Despois de ler tanto a entrada das miñas compañeiras, como as opinións que aquí deixaron ó resto da clase, teño que manifestar a miña posición de acordo cos que opinan que a cousa cambiou, os/as alumnos/as xa non teñen o mesmo respecto ós/as mestres/as como en anos pasados, pero tampouco estou de acordo con que a autoridade que tiñan antes ós profesores era a óptima.

    Que se lle vai a otorgar ó profesorado a condición de autoridade pública? Se pensan que eso é unha solución para mellorar o clima de diálogo na comunidade educativa, eu non o creo. Algo falla, eso está claro, pero dende meu punto de vista, esa non é maneira de solucionalo.

    Infomándome sobre dita lei, da cal non sabía nada, atopei este artigo do xornal galego, “La Voz de Galicia”, e nel 3500 profesores maniféstanse en contra de dita lei. Aqui deixo o enlace ó artigo:

    http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/05/11/0003_201105G11P14993.htm

    A verdade é que despois de tódalas opinións dos meus compañeiros pouco máis podo engadir, xa que está dito o que eu podería seguir dicindo aquí.

    ResponderEliminar

Esperamos un comentario crítico

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.